domingo. 19.07.2026

Evento

AXENDA | Sesións de cinema para esta fin de semana en Verín

23/1/26 a 25/1/26
Salón de Actos da Casa da Cultura

O cine da comarca presenta unha nova programación para esta semana, con sesións o venres 23, sábado 24 e domingo 25 de xaneiro, combinando unha película familiar para todos os públicos e outra proposta máis intensa para público adulto.

"Los guardianes del diente mágico" 

Nesta divertida e entrañable película de animación, un grupo de pequenos heroes terá que protexer un mundo máxico ameazado pola desaparición da ilusión e dos soños. Aventuras, amizade e moito humor únense nunha historia pensada para desfrutar en familia, chea de mensaxes positivas e personaxes inesquecibles.

"La Asistenta"

Thriller psicolóxico que segue a vida dunha muller aparentemente discreta que traballa como asistenta doméstica en varias casas. O que comeza como unha rutina normal acaba transformándose nunha historia chea de segredos, tensión e xiros inesperados, que mantén ao espectador en vilo ata o final.

Horarios das proxeccións

📅 Venres, 23 de xaneiro

  • La asistenta: 20:30 h

📅 Sábado, 24 de xaneiro

  • Los guardianes del diente mágico: 17:00 h
  • La asistenta: 19:00 h e 22:00 h

📅 Domingo, 25 de xaneiro

  • Los guardianes del diente mágico 17:00 h
  • La asistenta: 19:00 h e 22:00 h