Evento
AXENDA | Sesión vermú no Enredo con Montxo García
Montxo García, ex-pianista das míticas formacións Mocedades e El Consorcio, ofrecerá unha sesión vermú moi especial no Enredo. O recoñecido pianista inaugurará as mañás musicais do local cun repertorio que transita entre o jazz, os boleros e versións de clásicos universais; unha oportunidade única de gozar da música en directo cun convidado de luxo. A cita forma parte da programación cultural do local, que busca dinamizar a vila a través da música e o arte.
Recentemente instalado na vila, o músico vasco quere compartir coa veciñanza e visitantes o seu talento e a súa paixón pola música. A súa actuación promete unha viaxe sonora con temas calmados e ben coñecidos; será este domingo 20 de xullo, a partir das 11:30h. Un evento que marca o inicio das propostas musicais matinais do establecemento e que promete un ambiente distendido e cheo de boas melodías.
