domingo. 19.07.2026

Evento

AXENDA | Magosto no Enredo coa música de Candaira

8/11/25
20:30
O Enredo. Praza da Alameda 25, Verín
O_Enredo_Apertura-19-enredamos
No Enredo volven pasar cousas.

O outono en Ourense ten un nome e un sabor: Magosto. E en Verín, este ritual festivo xa ten data e lugar para acender a brasa da alegría. Será no bar O Enredo, que demostra, unha vez máis, que nos seus espazos "volven pasar cousas".

A cita ineludible terá lugar este sábado 8 de novembro, a partir das 20:30 h, e promete ser a homenaxe que a estación merece. O Enredo servirá a tríada maxistral da felicidade popular: castañas asadas, churrasco e, por suposto, música tradicional en directo.

A banda sonora da noite correrá a cargo de Candaira, unha formación que leva máis dunha década de compromiso coa recuperación do espírito das festas populares. A súa música promete baile e troula ata ben entrada a noite.

20251108 magosto no Enredo
A música tradicional en directo correrá a cargo de Candaira.

Como desfrutar da festa

Para gozar deste magosto no Enredo, ao entrar, haberá que achegarse á barra para recoller un ticket; despois, poderá cansearxe por racións de churrasco e castañas asadas. As bebidas non están incluídas.

É a ocasión perfecta para poñer a proba a resistencia dos nosos estómagos fronte á boa cociña e os pulmóns fronte á festa. Non hai mellor xeito de darlle a benvida ao frío que xuntándose coa veciñanza arredor do lume.

Comentarios