domingo. 19.07.2026

Evento

AXENDA | Unha homenaxe á lingua e ao territorio: Vilardevós acolle a presentación do libro "As curvas melódicas da fala"

5/7/25
19:00
Casa da Cultura de Vilardevós
Programación do acto.
Programación do acto.

A Casa da Cultura do Concello de Vilardevós será o escenario, o vindeiro sábado 5 de xullo ás 19:00 horas, da presentación do libro "As curvas melódicas da fala". A obra afonda na musicalidade do galego e na memoria do territorio, con co legado de pensadores como Eloy Luis André ou ao paso do tren pola Gudiña, símbolo da identidade local.

O acto desenvolverase mediante tres ponencias con temáticas diferentes:

  • Psicoloxía: Ciencia, reforma e cambio social con Xosé Ramón García Soto, psicólogo Clínico no Hospital de Burgos
  • Eloy Luis André: Unha recuperación histórica, da man de Víctor F. Freixanes, xornalista escritor e ex-presidente da Real Academia Galega.
  • Rescate e recuperación do manuscrito con Vicente R. Justo, Dtor. Biblioteca Municipal de Verín.

Organizado polo Concello de Vilardevós e impulsado pola concelleira socialista Marina Lovelace, o evento servirá tamén como chamada de atención fronte á perda de servizos no rural. A cultura, a lingua e a memoria eríxense así como ferramentas de resistencia e reivindicación dun futuro con voz propia.