Evento
AXENDA | Doli Pereira presenta "Alaridos Silenciosos: Crónica de una guerra en Verín"
O Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín convértese hoxe, xoves 6 de novembro, no escenario da memoria. Ás 19:30 h, a escritora Doli Pereira presentará a súa novela "Alaridos Silenciosos: Crónica de una guerra en Verín", unha obra de profunda sensibilidade e ollada crítica.
"Es una historia escrita con el corazón, sobre la memoria, el silencio y la verdad que nunca se pudo decir", comenta a autora. A novela non é só unha ficción, senón un retrato necesario: recrea o período da Guerra Civil en Verín (1936–1938), mesturando con mestría personaxes reais e ficticios para sacar á luz a represión e o silencio imposto nesa etapa histórica. "Alaridos silenciosos" é o primeiro volume da triloxía "Maletas Vacías".
A autora galega, coñecida por entrelazar romance e denuncia social nas súas historias, mergúllase aquí na historia máis incómoda da comarca. Afincada en Benidorm dende hai anos, Doli Pereira viviu en Verín e, agora, comeza a render homenaxe á memoria histórica do territorio.
É unha cita obrigada para quen desexe coñecer o pasado a través da literatura, escoitando os ecos que, a pesar dos anos, seguen a reclamar ser escoitados.
