lunes. 20.07.2026

Evento

AXENDA | Sesión de contacontos e manualidades na Biblioteca de Verín

24/1/25
18:00 a 19:30
Biblioteca Municipal de Verín
Un parruliño sen sorte, Gema Merino
"Un parruliño sen sorte", libro ilustrado de Gemma Merino.

Hoxe abre o prazo de inscrición para participar nunha nova actividade na Biblioteca Municipal de Verín; desta vez trátase dunha sesión de contacontos e manualidades dirixida á cativada de 3 a 9 anos de idade socia do centro cultural.

Na Biblioteca seguen a traballar no fomento da lectura e, nesta ocasión, o protagonista da actividade vai ser o libro "Un parruliño sen sorte". Unha obra escrita e ilustrada por Gemma Merino, gañadora do Oscar's Book Prize no 2016 coa súa obra "A vaca que subiu a unha árbore". Logo da lectura realizarase unha manualidade para fomentar a imaxinación e a creatividade da cativada; eso si, terá que estar baseada no libro.

Terá lugar o vindeiro venres, 24 de xaneiro, a partir das 18 horas e as prazas son limitadas.

Comentarios