Evento
AXENDA | La Caja de Pandora representa "Yallah! Yallah!" en Verín
22/12/24
19:00
Auditorio de Verín.
17 de diciembre de 2024, 12:06
Adaptación en galego da coñecida película dos anos 80 "Bajarse al moro", "Yallah! Yallah!" é unha obra que utiliza o humor para lembrar aqueles tempos.
O grupo de teatro amateur verinés La Caja de Pandora sube aos escenarios esta comedia que narra a historia de dous primos hippies que conviven cun policía no Madrid dos anos 80, aqueles anos nos que baixar ao moro a por hachís era "o habitual".
Logo do éxito acadado en Viana, é a quenda de representala en Verín. Será o vindeiro 22 de decembro, domingo, no Auditorio Municipal ás 19:00 horas.
