domingo. 19.07.2026

Evento

AXENDA | "Balneario", a novela que podería estar perfectamente ambientada en Verín, preséntase este xoves

18/12/25
19:30
Biblioteca Pública Municipal de Verín
9ffe20c3-c484-429f-a44b-9c9155f9b0a9
Mateo Diego Prada e Luis Bradstrich coa súa novela “Balneario”.

Este xoves 18 de decembro, a partir das 19:30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá a presentación da novela Balneario”, escrita por Mateo Diego Prada e Luis Bradstrich (seudónimo de Luis Diéguez), e que xa vai pola súa segunda edición. A obra, editada por Libros Indie e de 426 páxinas, ofrece unha épica saga familiar ambientada entre finais do século XIX e a Guerra Civil española.

A historia segue a vida de Martín Seoane, un home que loita durante tres décadas entre Galicia, Cuba e Estados Unidos para asegurar un futuro de paz para os seus. Desde a súa infancia orfa nun pobo galego ata a súa emigración, a novela mestura amor, ambición, traizón e redención, cun estilo narrativo áxil e cinematográfico que lembra aos seriales clásicos.

A elección de Verín para a presentación non é casual: a historia está inspirada na vida do bisavó dos autores, natural de Cabreiroa, e transcorre nun lugar inventado chamado “Nirve” cun balneario chamado “As Caldas”. A ambientación recrea fielmente o val galego a principios do século XX, con referencias que farán sentir familiar a calquera lector da zona.

A presentación contará coa participación dos autores Mateo Diego Prada e Luis Bradstrich, xunto a Sixto Arias, que será o encargado de moderar e guiar o evento. Será unha oportunidade única para coñecer aos creadores dunha novela que promete emocionar tanto aos amantes da novela histórica como aos interesados nas sagas familiares con trasfondo social e emocional.

Sobre os autores

Mateo Diego Prada é licenciado en Dereito e Ciencias Económicas e Empresariais por ICADE e conta cun máster en Creación Literaria, ademais de ser autor de “Nena” e do manual “Retírate a los cuarenta, o cuando te dé la gana”. Luis Bradstrich, escritor e consultor, publicou tamén “Los ángeles de Pa'” e “Be stone my friend”.