domingo. 19.07.2026

Evento

AXENDA | "O Apalpador e a Nena sen medo", contacontos con monicreques para o Nadal

20/12/24
18:00
Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín.
Teatro, O apalpador e a nena sen medo, xanela do maxín
Monicreques protagonistas da obra "O apalpador e a Nena sen medo". | FOTO: A Xanela do Maxín.

Espectáculo de 40 minutos recomendado para crianzas a partir dos 3 anos, "O Apalpador e a Nena sen medo" é unha peza de pequeno teatro baseada nun poema de Sechu Sende.

A obra naceu da necesidade de coñecer a figura do imaxinario popular galego e Celtia Figueiras, fundadora da compañía A Xanela do Maxín, é a encargada de dárlles vida aos monicreques.

Sinopse

Apalpador trae cada ano desde o Courel castañas, presentes e aquilo que non temos. Por iso a Nena sen medo lle escribiu unha carta moi especial, pedíndolle o que a ela lle faltaba, o seu desexo: palabras para encher o corazón e coas que poder voar en soños. Palabras en galego.

 

Estreada no 2018, a obra leva viaxando todos estes anos deleitando ao público familiar. Agora, chega a Verín como parte da programación de Nadal. O venres, día 20, poderase ver no Salón de Actos da Casa da Cultura a partir das 18:00 horas. A entrada será de balde ata completar aforo.

Comentarios