Evento
AXENDA | Música nas rúas ao ritmo dos concertos do Conservatorio
1/6/24
11:00
Verín
29 de mayo de 2024, 12:58
O Conservatorio de Música de Verín leva unha tempada organizando ducias de actividades para achegar a música en directo á veciñanza da comarca. Dentro do ciclo "Verín vive a música", este sábado, 1 de xuño, as rúas da vila do Támega encheranse de música ao vivo cos concertos que ten organizados o Conservatorio.
Unha oportunidade única para disfrutar das actuacións do alumnado nunha xornada na que a previsión meteorolóxica promete un solleiro día con temperaturas que chegarán aos 30º. Ao longo da mañá, percorrerán as rúas para ofrecer concertos en diferentes espazos da vila.
Percorrido e horarios
- Praza do Concello: concerto de piano ás 11:00 horas.
- Rúa Montemaior: concerto de violín ás 11:30 horas.
- Praza da Mercé: concerto de guitarra ás 12:00 horas.
- Pasarrúas: animación a cargo da Minibanda do Grao Elemental dende as 12:30 horas.
