lunes. 20.07.2026

Evento

AXENDA | Nadal en Cualedro

20/12/24 a 5/1/25
Cualedro
Cabalgata Reis Cualedro 2024 (1)
O ano pasado os Reis Magos de Oriente foron recibidos polos zarramoncalleiros. | FOTO: Noelia Caseiro.

O Concello de Cualedro organizou un Nadal pensado para que a cativada desfrute ao grande das festas. Papá Noel adiántase e estará no CEIP Vicente Risco este mesmo venres, 20 de decembro, con agasallos para todos os nenos e nenas que vaian velo.

Logo do día de Nadal, o xoves 26, a cativada poderá viaxar ata Ourense para desfrutar dunha mañá en Pazolandia. Tamén o carteiro real visitará Cualedro, vai recoller as cartas para os Reis Magos de Oriente o 28 de decembro na Casa da Cultura, dende as 16:00 ata as 18:30 horas. 

Xa co novo ano haberá unha xornada de xogos populares no recinto do colexio de Cualedro; será o día 2 de xaneiro e haberá premios para todos os participantes e chocolatada con churros para merendar.

E como é tradición, o día 5 de xaneiro chegarán os Reis Magos de Oriente a Cualedro nunha cabalgata con animación musical e agasallos para a cativada. Un día para festexar a feira dos Reis no desfile dos Reis Magos. O ano pasado saíron os zarramoncalleiros recibilos, podes ver o vídeo aquí: Cabalgata dos Reis Magos en Cualedro.

20241220 Nadal en Cualedro

Comentarios