Evento
AXENDA | Magosto popular en Cualedro
O vindeiro sábado 1 de novembro, o recinto do colexio de Cualedro acollerá unha das citas máis esperadas do outono: o seu Magosto Popular, que comezará ás 14:30 horas. A xornada promete unha combinación perfecta de tradición, música e gastronomía local.
Como parte do programa, os asistentes poderán participar no Concurso de Bicas, no que amosarán as súas habilidades na elaboración de deste doce típico da comarca, competindo por premios e trofeos.
A música popular galega terá un papel destacado, coas actuacións das seguintes agrupacións de pandereteiras:
- A Xironda
- Pandereteiras de Montes
- As Ferreñas do Toural
- As Xeitosiñas de Baltar
O menú estará formado por pratos tradicionais como empanada, costela, chourizo criollo e panceta. Ao final, castañas asadas, bica e licores completarán a xornada, facendo desta cita unha experiencia gastronómica e cultural única.
A entrada ten un prezo de 5 euros, con venda de tickets nos bares do pobo e na gasolineira ata o 29 de outubro. A asistencia é gratuita para menores de 12 anos, convertendo o evento nun plan ideal para toda a familia.
