Evento
AXENDA | Festas do patrón en San Martiño, Cualedro
11/11/25
a
15/11/25
San Martiño, Cualedro
11 de noviembre de 2025, 11:05
A localidade de San Martiño, na parroquia de Montes do concello de Cualedro, celebra as súas festas patronais. Con actos repartidos en dúas xornadas -hoxe, martes 11 de novembro e o sábado, día 15-, non faltará a música, o magosto tradicional e os actos relixiosos.
O sábado será unha xornada chea de música, con pasarrúas, discomóbil e verbena, e de sabores de outono; un día no que terá lugar o magostro con castañas e viño de balde para todas as persoas que asistan á festa. Velaí o programa que teñen preparado para as súas festas patronais:
