Evento
AXENDA | Arqueoloxía e micoloxía en Cualedro, coñecendo o castro de San Millao
O castro de San Millao, coñecido como castro da Cidá, é un dos máis emblemáticos das terras de Cualedro, concello que conta cun rico patrimonio arqueolóxico digno de ser visitado.
Este sábado haberá oportunidade de coñecelo participando na actividade "Unha mañá no Castro da Cidá de San Millao", organizada co fin de unir micoloxía e arqueoloxía ao redor do xacemento castrexo.
A partir das 10:00 horas comezará un paseo micolóxico para coñecer as distintas variedades de cogomelos que hai na contorna do castro; logo, haberá unha degustación. O paseo brinda a oportunidade de participar nunha visita guiada para descubrir os traballos arqueolóxicos realizados no xacemento.
A actividade será de balde, previa inscrición no propio Concello de Cualedro ou a través do teléfono: 988 424 004.
