Evento
IMOS DE FESTA | Guimarei honra ao San Antón
A localidade de Guimarei prepárase para vivir unha das citas máis esperadas do seu calendario festivo coa celebración das Festas na honra a San Antón, que terán lugar os días 17 e 18 de xaneiro cun amplo programa pensado para todos os públicos.
As celebracións arrancarán o sábado 17 dende primeira hora da mañá. Ás 11:00 horas, a música tomará as rúas coa sesión a cargo da Charanga Europa, que tamén animará o tradicional vermú das 13:00 horas, tras a misa solemne e procesión, prevista para as 12:00.
A festa continuará pola tarde coa sesión continua do grupo Tania Veiras y Los Cumbiapop, que prometen poñer a bailar ao público co seu espectáculo cheo de ritmo e bo ambiente. A xornada rematará por todo o alto cunha tirada de fogos artificiais, seguida dunha sesión continua con DJ a partir das 23:00 horas, prolongando a diversión ata ben entrada a noite.
O domingo 18 manterá o listón ben alto. Ao mediodía, ás 12:00 horas, celebrarase o vermú musical do dúo En Clave de Ti, antes da misa solemne e procesión ás 13:00 horas. Pola tarde, a música continuará cunha sesión continua do mesmo dúo ás 16:00, para dar paso, xa ás 19:00 horas, ao espectáculo do Dúo Explosión, encargado de poñer o broche final ás festas.
O campo da festa estará cuberto, garantindo así o correcto desenvolvemento das actuacións independentemente das condicións meteorolóxicas.
