Evento
'Feminissimas', unha comedia 'violeta', no Auditorio Municipal

A produtora galega De Ste Xeito aterra este sábado 18 no auditorio de Verín, onde, ás 20:30h da tarde, ofrecerá a súa nova comedia 'violeta' a todos os asistentes. Feminissimas, unha obra de Esther Carrodeguas, dirixida por Xavier Castiñeira e interpretada por Steply Llaryora, a propia Esther Carrodeguas e Noelia Blanco; baseada na amizade como fondo e no feminismo como forma.
A sinopse
Un congreso feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven. Tres amigas que teñen tres maneiras ben distintas de entender o feminismo... feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer. Serías [email protected] de alguén que pensa radicalmente diferente a ti?
Cartel promocional de Feminissimas.
Compra de entradas
As entradas, cun prezo 5,00€ máis gastos de xestión, podense conseguir xa a través da web de Ataquilla.com. Dende a organización recomendan acudir con antelación suficiente para evitar aglomeracións.