sábado. 12.10.2024

Evento

Chega a Verín unha versión libre da Odisea feita teatro

17/11/21 a 17/11/21
20:00 a 22:00
Auditorio Municipal de Verín
Unha imaxe do espectáculo 'O charco de Ulises', que acollerá o Auditorio Municipal de Verín.
Unha imaxe do espectáculo 'O charco de Ulises', que acollerá o Auditorio Municipal de Verín.

O mércores 17 de novembro, o Auditorio municipal de Verín acollerá a representación teatral 'O charco de Ulises', unha obra do Centro Dramático Galego. Será a partires das 20:00h cando comece esta versión libre da Odisea, traspasada a un contexto atlántico polo seu autor, Santiago Cortegoso. Do mar ao océano; de Ítaca a Galicia; de Troia a Buenos Aires e do Mediterráneo ao Atlántico.

 

Dirixida polo mesmo autor en compañía de Marián Bañobre, trata da viaxe como concepto vital da existencia do ser humano no tempo, dos movementos migratorios, do multiculturalismo, da necesidade -ou non- de traspasar calquera fronteira. Fai unha relectura do clásico universal de Homero contextualizándoo nun fenómeno sociolóxico que marcou a historia do pobo galego.

 

 

Todos os interesados en acudir xa se poden facer coa súa entrada por 10 euros na páxina ataquilla.com.

 

 

Comentarios