domingo. 19.07.2026

Evento

AXENDA | Gondulfes agarda á xente camiñante na III Andaina "A cabra tira ao monte"

22/6/25
9:00
Gondulfes, Castrelo do Val
20250622 Andaina A cabra tira ao monte

Terceira edición da andaina “A cabra tira ao monte” en Gondulfes (Castrelo do Val). Unha xornada pensada para gozar do paisaxe e da boa compañía, coa promesa de deixar pegada nos nosos corazóns, e non só nos vieiros. Con 11 quilómetros de percorrido circular e unha dificultade media-alta, esta ruta promete desniveis de 500 metros que farán sentir a vitalidade en cada paso.

 

Será este domingo, 22 de xuño. A saída está programada para as 09:00 horas desde a propia aldea de Gondulfes, e o traxecto levará por sendas estreitas e regueiros campo a través, un convite a explorar recunchos que namoran. Para que a aventura sexa completa, a organización recomenda levar roupa e calzado cómodo de trekking impermeable, bastóns, bañador e toalla. Haberá dous puntos de avituallamento para repoñer enerxías e, ao remate da andaina, un picoteo na área fluvial de Gondulfes. Quen precise opción sen glute, deberá notificalo á organización.

 

As inscricións xa están abertas en Multisport Verín e teñen un custo de 6 euros, ou 10 euros para quen quera sumarse ao picoteo. O prazo para inscribirse remata este mércores, 19 de xuño. Ademais da inmersión na paisaxe, a xornada virá acompañada de sorteos de produtos e bonos grazas á colaboración de empresas e entidades locais. 

Comentarios