sábado. 27.04.2024

Evento

AXENDA | O venres do Festival de Curtas

8/9/23
Auditorio de Verín.
FIC Vía XIV 2023 02
Axenda do FIC Vía XIV.

Arranca o Festival Internacional de Curtametraxes de Verín Vía XIV 2023. Isto é o que haberá o venres 8 de setembro.

Programación

  • 20:30h: proxección documental "Un viaje hacia nosotros", guionizado por Pepe Viyuela e dirixido por Luis Cintora. Traballo cun marcado carácter biográfico no que Viyuela investiga o pasado da súa familia seguindo o rastro do seu avó Gervasio, que loitou na Guerra Civil. Pase do documental e coloquio no Auditorio.
  • 22:00h: Túnel do viño da DO Monterrei. Degustación dos viños máis representativos da comarca nunha cata na que se achegarán as claves sobre os valores diferencias dos brancos e tintos amparados na DO Monterrei. Exterior Auditorio.
  • 22:30h: concerto A Banda da Garda; percorrido polas bandas sonoras máis coñecidas do cinema. Ó remate continuará a música coa amenización temática na terraza do espazo exterior do Auditorio.

Ademais, comeza o Obradoiro de interpretación ante a cámara, que terá lugar dende o 8 ata o 10 de setembro, e continúa o concurso "Escaparates de cine".