sábado. 05.10.2024

Evento

AXENDA | O venres do Festival de Curtas

15/9/23
Auditorio de Verín.
FIC Vía XIV 2023 02

Programación do venres, 15 de setembro, no Festival Internacional de Curtametraxes Vía XIV de Verín.

Horarios

  • 12:00hMesa Proxecta, un debate sobre a sostibilidade no eido audiovisual. Auditorio.
  • 17:00h: visionado de curtas do festival convidado do FIC e posterior conversa cos responsables do Curtas - Festival do imaginario de Vilagarcía de Arousa. Un certame con 50 anos de traxectoria que trae a Verín 6 das curtas que participaron na súa última edición. Auditorio.
  • 18:45h: proxección das curtametraxes da categoría Nova 1. Auditorio.
  • 20:30h: proxección das curtametraxes da categoría Raia 1. Auditorio.
  • 22:00h: cata de cervexas musicalizada Hop&Roll. Espectáculo gastronómico e musical dirixido por Gustavo Rey, considerado o mellor tirador de cervexa de España e DJ de música en galego. Terraza do Auditorio.
  • 22:00h: sesión DJ na terraza do Auditorio.

Categoría Nova 1

  • Green fit, de Maxime Pistorio. Bélxica/Francia, 2021.
  • One minute, Matilde Sköld/Marcus Svanberg. Suecia, 2020.
  • Olores, de Alba Esquinas. España, 2022.
  • Mother's skin, de Leah Johnston. Canadá, 2022.
  • III, de Salomé Villeneuve. Canadá, 2022.

Categoría A Raia 1

  • Sandwich cat, de David Fidalgo. Galicia, 2022.
  • Malgrat, de Santi Teijelo. Galicia, 2023.
  • O home do lixo, de Laura Gonçalves. Portugal, 2022.
  • Raticide, de Joao Niza Ribeiro. Portugal, 2022.