lunes. 29.04.2024

Evento

AXENDA | Encontro Pre-Entroido en Albarellos

20/1/24
19:00
Albarellos, Monterrei.
20240120 Pre Entroido Albarellos

Quinta edición do Encontro Pre-Entroido en Albarellos. O sábado, día 20, celebrarase a festa que quere reivindicar a tradición do Entroido popular na aldea de Monterrei.

Unha xornada que comezará ás 19:00h coa quedada de bombos e chocas na Praza Anxel Medeiros para arrancar o desfile de bombos, chocas, chapeus e disfrazes que percorrerá as rúas.

Música, Entroido, gastronomía e bo ambiente amenizado polo Trebón do Mildeu que rematará nunha cea popular con porco ao espeto, bebida, sobremesa e chupiño.

Para degustar a cea, haberá que mercar a entrada con anticipación. A data límite é o 17 de xaneiro e poderá mercarse nos bares de Albarellos; 10€ para persoas adultas e 6€ para menores de 10 anos.