sábado. 22.06.2024

Evento

AXENDA | Volve a Verín a unidade móbil de doazón de sangue

1/3/24
Praza García Barbón, Verín.
Unidade móbil doazón sangue en Verín

unidade móbil de doazón de sangue volverá estar en Verín este venres, primeiro de marzo. O autobús da recollida de doazóns permanecerá na Praza García Barbón ao longo de todo o día para recibir ás persoas que queran doar.

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue lembra que cada persoa que doa salva a vida a tres persoas. Motivo polo que solicita a participación cidadá para poder atender as necesidades médicas dos hospitais. Cada día precísanse entre 400 e 500 doazóns de sangue para cubrir a atención nos centros sanitarios.

Para doar sangue hai que almorzar e agardar dúas horas logo de xantar. É importante informar ó médico da medicación que se está a tomar. Poden ser doantes todas as persoas maiores de 18 anos e cun peso superior ós 50kg.

Entrando en la página solicitada Saltar publicidad