domingo. 28.04.2024

Evento

AXENDA | Unicorn Wars, fantasía animada antibélica no Ciclo Mestre Mateo

12/10/23
20:30
Salón de actos da Casa da Cultura de Verín.
Cartel_UnicornWars

Premio á mellor longametraxe de animación nos XXI Mestre Mateo e Goya á mellor película de animación no 2022, Unicorn Wars é unha fábula antibélica asinada por Alberto Vázquez que reflexiona sobre a orixe do mal mediante a fantasía animada.

Unha coprodución galego-francesa, non recomendada para menores de 16 anos, que se poderá ver o xoves, 12 de outubro, ás 20:30 horas no Salón de actos da Casa da Cultura de Verín.

As críticas profesionais afirman que é a pelicula española máis sorprendente do ano, cun orixinal tratamento que incorpora as pautas do cinema de guerra á animación.

Sipnose

O exército osiño adoutrina a novos recrutas para conducilos á guerra que iniciaron contra os unicornios porque cren que ameaza a seguridade do seu pobo. Os irmáns Azuliño e Gordi, xunto a un inexperto grupo de recrutas, serán enviados a unha perigosa misión para salvar o Bosque Máxico...estarán os osiños preparados para isto?