jueves. 09.05.2024

Evento

AXENDA | Toroterreos, a quedada 4x4 de Laza

28/10/23 a 29/10/23
Laza.
2023 10 28 todoterreos laza

As terras de Laza acollerán ista fin de semana a segunda edición de Toroterreos, unha quedada para amantes dos todoterreos que ofrece a oportunidade de descubir a beleza destas terras de montaña por camiños somentes aptos para vehículos 4x4.

Organizada pola asociación Motoros coa colaboración do Concello de Laza, a quedada dará comezo o sábado, 28 de outubro, ás 08:30 horas no pavillón deportivo da localidade. Ó longo da xornada, os participantes poderán percorrer ata tres rutas 4x4 que irán intercalando con paradas para coñecer a gastronomía da zona.

A xornada do domingo dará continuidade á quedada cunha nova ruta que percorrerá camiños das fermosas montañas lazás. Para participar é necesario inscribirse con anterioridade.