Evento
AXENDA | Redrum Teatro trae a Verín o seu espectáculo "Hamelin"
![Teatro_Hamelin 20230506](/asset/thumbnail,768,432,center,center/media/diariodotamega/images/2023/05/02/2023050212200553327.jpg)
A compañía Redrum Teatro presenta en Verín o seu espectáculo “Hamelin”, unha versión áspera e realista do coñecido conto popular.
"Hamelín" fai unha profunda reflexión sobre a realidade que nos rodea e que, lamentablemente, non é sempre doada de asumir. Nesta versión, Juan Mayorga aborda a difícil temática da pederastia cunha linguaxe chea de elipses, que obrigan ao espectador a esforzarse por interpretar as escenas e encher os silencios. Os personaxes silencian verdades que só o espectador activo poderá descubrir.
O elenco de actores está formado por Guillermo Carbajo, Roberto Leal, Belén Constenla, Mónica García, Machi Salgado, Rubén Porto e Fran Lareu, baixo a dirección e tradución de Alex Sampayo.
O evento terá lugar no Auditorio de Verín, ás 20:30h do vindeiro sábado 6 de maio. O prezo da entrada é de 10 euros e estarán dispoñibles no Auditorio de Verín, en horario de 17:00 a 20.30 horas.