domingo. 28.04.2024

Evento

AXENDA | "O Furancho", comedia teatral no Auditorio de Verín

8/7/23
20:30
Auditorio de Verín.
Teatro Verín - O Furancho, obra. FOTO: Ibuprofeno Teatro
Marián Bañobre e Isabel Risco nunha escena da comedia "O Furancho". | FOTO: Ibuprofeno Teatro.

A compañía galega Ibuprofeno Teatro presentará a súa premiada obra "O Furancho" en Verín. Será o vindeiro sábado 8 de xullo, ás 20:30 horas, no Auditorio municipal da vila.

Escrita e dirixida por Santiago Cortegoso, e protagonizada polas actrices Marián Bañobre e Isabel Risco, a obra obtivo o Premio María Casares 2016 ó Mellor Vestiario. Tamén, foi finalista a Mellor Autor e obtivo o Premio Fetega (Festival do Carballiño) ó Mellor Espectáculo e á Mellor Actriz (Isabel Risco).

Unha obra cómica na que as protagonistas abren o seu furancho particular, onde se pode "consumir o excedente de viño, que é sinónimo de humor, e gozar dun espazo de comuñón e complicidade no que o público acode a empaparse coa máis pura e sincera expresión da comedia hilarante", explican dende a compañía Ibuprofeno Teatro.