lunes. 06.05.2024

Evento

AXENDA | Tarde de biblioteca móbil en Oímbra

25/9/23 a 25/9/23
15:00 a 20:00
Concello de Oímbra
furgoteca oímbra
A Furgoteca nunha das súas visitas a Oímbra. FOTO: Anabel G. Simón.

A partir das 15:00 horas arranca o percorrido da biblioteca móbil por distintas localidades do Concello de Oímbra. Unha vez máis, volve realizar a súa ruta en Oímbra para ofrecer á veciñanza o acceso á lectura, á información e á aprendizaxe nos seus lugares de residencia.

Así, pódese acceder a préstamos de libros, revistas e outros materiais e recibir asesoramento e recomendacións de lectura, xestionar carnés de usuarios, formación, acompañamento e resolución de dúbidas no eido dixital e organización de actividades culturais, como obradoiros, clubs de lectura ou contacontos, entre outros.

Itinerario e horarios

  • Videferre: dende as 15:00 ás 15:45 horas.
  • Espiño: das 16 ás 16:30 horas.
  • Bousés: dende as 16:45 ás 17:30 horas.
  • Casas dos Montes: das 17:45 ás 18:15 horas.
  • San Cibrao: dende as 18:30 ás 19:15 horas.
  • Rabal: das 19:30 ás 20 horas.