viernes. 03.05.2024

Evento

AXENDA | Gran sorteo de premios do comercio local de Verín

28/9/23
18:00
Praza García Barbón, Verín.
28 setembro, sorteo aever merca local02

Continúa en marcha a campaña promocional do comercio da vila do Támega, integrado na Asociación de Empresarios e Empresarias de Verín (AEVER), para incentivar a economía local. Ata o vindeiro xoves, 28 de setembro, as compras realizadas nos establecementos de Verín poderán obtar ós premios que se sortearán ise mismo día.

Para participar haberá que facer una compra mínima de 10€ e gardar os tíckets, que serán canxeados por boletos para o sorteo. A iniciativa "Mercar no teu comercio ten premio" sorteará un total de 1.000 euros entre los participantes.

A sorte repartirá catro tarxetas prepago cun valor de 100€ cada unha máis dúas tarxetas de 300 eurosTarxetas para gastar nos negocios da localidade. Na tarde do vindeiro xoves, 28 de setembro, dende as 18:00 e ata as 20:00 horas poderanse canxear os tíckets de compra polas rifas do sorteo, que terá lugar en directo ás 20:05h.