sábado. 27.06.2026

Evento

AXENDA | A situación da vivenda no rural a debate

2/4/25
16:00 a 19:30
Casa da Cultura de Verín
20250402 Xornada sobre vivenda no rural, COCEDER

O próximo 2 de abril o salón de actos da Casa de Cultura de Verín acollerá unha xornada aberta ao público que pretende ser un espazo de reflexión e debate ao redor dun dos grandes desafíos actuais: a vivenda. "Do dereito ó  teito hai moito treito" contará coa presenza de persoas expertas do sector para analizar a situación actual da vivenda no medio rural e explorar posibles solucións.

A xornada organízase co obxectivo non só de abordar a situación da vivenda no medio rural, tamén para concienciar e sensibilizar sobre o despoboamento do rural. Para elo, haberá distintos relatorios nos que se falará, entre outros temas, sobre a precariedade da vivenda, o impacto nas zonas tensionadas, a influenza nos territorios e mesmo as posibles solucións que se poden poñer en marcha. Non só relatorios, xa que a xornada convida ao debate durante unha mesa redonda para compartir experiencias e alternativas na xestión da vivenda rural en distintas zonas. 

Programa da xornada

20250402 Xornada sobre vivenda no rural, COCEDER programa 2
Programa da xornada "Do dereito ao teito hai moito treito".

Organizada por COCEDER, na xornada colaboran os centros de desenvolvemento rural asociados -Portas Abertas e O Viso- e o Concello de Verín.

Comentarios