domingo. 13.10.2024

Evento

AXENDA | Servizo de "Coidados porta a porta" en Cualedro

25/9/23 a 27/9/23
9:00 a 20:00
Cualedro.
25 setembro, coidados porta a porta en cualedro02

A finais de setembro, chegará a Cualedro o servizo de "Coidados porta a porta" da Xunta de Galicia para atender as persoas maiores do rural. Creado co obxectivo de previr a dependencia, o servizo ofrece asistencia sanitaria en tres eidos: podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria.

O servizo estará en Cualedro durante os días 25, 26 e 27 de setembro, cun horario continuo dende as 9:00 e ata as 20:00 horas. Para poder acceder a atención sociosanitaria, é necesario pedir cita previa a través dos teléfonos: 622 748 283 e 623 546 992.

Tamén se pode pedir máis información e cita previa a través do mail: [email protected].