Evento
AXENDA | Sendeirismo para coñecer A Mezquita, da Esculqueira ao Piñeiro
A Mezquita ábrese ao mundo cun ciclo de rutas de sendeirismo para coñecer as terras trasmontanas. Dende abril a xuño, teñen organizadas ata 7 rutas distintas que percorrerán A Mezquita, chegando a localidades de Portugal.
O sábado 6 de abril arranca o ciclo coa Andaina A Esculqueira. De dificultade moderada, serán 16 quilómetros dunha ruta circular que sairá ás 9:00 horas da mañá dende o teleclub da Esculqueira para visitar as localidades de Piñeiro Novo e Piñeiro Vello (Portugal) antes de regresar á Esculqueira.
Tras a camiñada, quen quera poderá asistir ao xantar de confraternización organizado. A participación na andaina é gratuíta e o xantar terá un prezo de 14€.
Para participar, é necesario inscribirse antes do día 2 de abril a través do teléfono: 988 423 506.