Martes. 27.02.2024

Evento

AXENDA | Sarabela Teatro leva a escena a Xosé Luís Méndez Ferrín

25/02/23
19:00
Auditorio de Verín.
Teatro - Arraianos
Sarabela Teatro leva a escena a obra "Arraianos".

O vindeiro sábado 25 de febrero, ás 19:00 horas, o Auditorio de Verín acollerá a representación de "Arraianos" da compañia Sarabela Teatro. Unha obra de Xosé Luís Méndez Ferrín, baixo a dirección de Ánxeles Cuña Bóveda, que conta coa interpretación de Fernando Dacosta, Fina Calleja, Elena Seijo, Sabela Gago, Fran Lareu, Fernando González e Vadim Yukhnevich como elenco.

Unha das obras fundamentais da literatura galega, Méndez Ferrín publicouna no 1991 como un conxunto de 10 relatos de ficción cos territorios da raia coma protagonistas. Unha suma de relatos que estremecen e fan reflexionar, ou, se acaso, fan deambular por mundos nos que transitan o erotismo, o misterio, a miseria e a grandeza da alma e da vida. Levada a escena pola grande compañía Sarabela Teatro, a obra céntrase en dous contos: Medias Azuis e Lobosandaus.

A lectura de Arraianos ponnos a ollada e a imaxinación sobre un territorio, nas concas do Limia e do Arnoia, contra as serras do Xurés e Laboreiro; un mundo separado de todo, tanto de Galicia como de Portugal, habitado por xente distinta e misteriosa que sente a fronteira administrativa como un absurdo, incapaz sen embargo de borrar a conexión histórica e cultural entre os dous lados da raia.

A recreación literaria deste espacio humano e xeográfico adquire perspectiva e profundidade no percorrido da ficción a través de tempos e momentos históricos diferentes.


A entrada para ver a interpretación de Sarabela Teatro será gratuíta ata completar o aforo do Auditorio de Verín.