miércoles. 01.05.2024

Evento

AXENDA | Festas na honra de Santa Marta en Lucenza

28/7/23 a 30/7/23
Lucenza, Cualedro.
Festas Santa MArta, Lucenza 2023
Festas na honra de Santa Marta en Lucenza.

Lucenza, no concello de Cualedro, honra a Santa Marta ista fin de semana cun completo programa festivo.

Venres 28

Paseo nocturno polo Larouco: un percorrido de 5kms con saída ás 23 horas dende o local social. Ó remate haberá unha queimada popular.

Sábado 29

Día grande das festas que comezan coa procesión e celebración da misa solemne ás 11h. na Capela. Continúa a xornada coa sesión vermú amenizada pola charanga El Brexit

Xa pola tarde, ás 16:30 horas dará comezo a II Festa do verán, con música, inchables e festa da escuma. Ás 20 horas continúa a festa na Penela coa charanga El Brexit para rematar a xornada cunha verbena a cargo da discomóbil Elation a partir das 24h.

Domingo 30

Actuación do mago Fernando Moreno no local social a partir das 17: 30h.

Comentarios