viernes. 03.05.2024

Evento

AXENDA | San Xoán, festas do patrón en Laza

23/6/23 a 24/6/23
0:00
Laza San Xoan 2023_02
Festas do patrón en Laza.

Chega a noite meiga e no concello de Laza teñen programado celebrala por todo o alto ó longo da fin de semana. Son as festas do patrón na localidade e teñen organizadas diversas foliadas; música tradicional, cacharela, procesión e verbena para unha fin de semana máxica.

 

Arrancará a festa á medianoite do venres 23 coa cacharela que se prenderá no campo do Lilí e coa música tradicional dos grupos Maghua e Silveiras do Támega. Dende a organización advirten da prohibición de botar petardos.

 

O sábado, 24 de xuño, xa de mañanciña haberá alborada co grupo Par de Par, que comezará a tocar a partir das 10 horas para animar á veciñanza. Ás 12:30h. terá lugar a misa solemne coa actuación do Coro Parroquial de Laza.

 

Xa na tardiña, comezará o baile ás 20 horas coa música do Grupo 3.com; serán os encargados, tamén, de amenizar a verbena que dará comezo á medianoite e que rematará con Sesión DJ.