lunes. 29.04.2024

Evento

AXENDA | Andaina pola ruta do contrabando, dende Cádavos a Moimenta

2/9/23
10:00
Saída dende Cádavos, A Mezquita.
Ruta do contrabando cara Moimenta.
Ruta do contrabando cara Moimenta.

O Concello da Mezquita organiza unha xornada de sendeirismo para percorrer a ruta do contrabando cara Moimenta, en Portugal. Será o sábado, 2 de setembro; para participar, é necesario inscribirse, ata o xoves 31 de agosto, na casa consistorial.

A andaina sairá ás 10 horas dende a Praza Doutor Sergio García Ferrera de Cádavos cara o Penedo dos Tres Reinos, onde se unirán participantes da Moimenta (Portugal) e de Hermisende (Zamora), para seguir camiñando pola ruta do contrabando ata chegar á Moimenta.

Un percorrido de 7km, cunha dificultade media, que rematará cun pequeno almorzo de confraternización no Parque das Merendas da Moimenta.