Evento
AXENDA | Ados busca doantes de sangue en Viana
14/7/22
a
14/7/22
11:00
a
21:00
Estación de autobuses de Viana do Bolo
13 de julio de 2022, 15:08
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (Ados) visitará mañá Viana do Bolo. A unidade móbil instalarase na estación de autobuses do municipio, con horario de 11:00 a 14.00 horas na mañá e de 17:45 a 21:00 horas na tarde. A convocatoria é para maiores de 18 anos interesados e só terán que acercarse ao punto habilitado coa tarxeta de doador, DNI ou outro documento similar. Dende Ados recordan acudir á doazón dúas horas despois de xantar.