viernes. 03.05.2024

Evento

AXENDA | Paulo Santos presenta a súa primeira obra en prosa na Biblioteca de Verín

5/10/23
19:30
Biblioteca Municipal de Verín
5 outubro, presentación libro Biblioteca Verín

A Biblioteca Municipal de Verín continúa traballando en prol da divulgación da cultura na vila coa organización de presentacións de obras literarias que contan coa presencia dos seus creadores.

Desta vez, é a quenda do autor portugués Paulo Santos, quen acudirá mañá, xoves 5 de outubro, á vila do Támega para participar nunha conversa sobre o seu último libro: No farol de meus días.

A obra navega nun mar interior, nas rotas da raia, para narrar a viaxe dun home polo seu mundo interior. É a primeira obra en prosa de Paulo Santos; recoñecido autor no país veciño, membro da Academia de Letras de Trás-os-Montes e colaborador do Diário de Chaves.

O encontro comezará ás 19:30 horas e contará coa presenza da poetisa galega Antonia Rodríguez Ferreiro, nada en Baltar e veciña de Verín, que será a encargada de presentar a nova obra de Paulo Santos.