domingo. 14.04.2024

Evento

AXENDA | O programa"Coidados porta a porta" chega a Viana

20/10/23 a 24/10/23
Viana do Bolo.
25 setembro, coidados porta a porta en cualedro02

A partir do vindeiro venres, 20 de outubro, a unidade móbil do programa "Coidados porta a porta" estará en Viana do Bolo para ofrecer servicios sociosanitarios de proximidade á veciñanza.

Creado co obxectivo de previr a dependencia, o programa ofrece o servizo de asistencia sanitaria con consultas de audioloxía, estimulación da memoria e podoloxía a persoas maiores de 55 anos.

Servizos de carácter gratuíto para que as persoas que viven no rural podan permanecer atendidas na súa contorna, sen necesidade de desprazarse.

A unidade móbil estará en Viana do Bolo os días 20, 23 e 24 de outubro. É necesario solicitar cita previa para acceder ás cosultas. Pódese pedir nos teléfonos 622 748 283 - 623 546 992 ou a través do correo electrónico: [email protected].