miércoles. 09.10.2024

Evento

AXENDA | Portas Abertas leva a campaña #ChámalleX á rúa

12/4/23
11:00
Praza do Concello, Verín.
PORTAS ABERTAS 2
Conchi Nogueira e Nati Rodríguez, Educadora Social e Traballadora Social do CDR Portas Abertas, participan na campaña #ChámalleX. | FOTO: Anabel G. Simón.

Co inicio da declaración da renda, as entidades sociais inician unha campaña paralela buscando concienciar á poboación sobre a necesidade de destinar o 0'7% dos seus impostos a fins sociais. A chamada #XSolidaria, que simboliza o feito de marcar o recadro de "Actividades de Interese Xeral consideradas de Interés Social" na renda.

Así, o Centro de Desenvolvemento Rural Portas convoca un acto o mércores, día 12, diante da Casa do Concello de Verín. A partir das 11 horas, leerase un manifesto para explicar á veciñanza os argumentos a favor de destinar o 0’7% dos impostos a fins sociais. 

A campaña #ChámalleX busca concienciar e convencer á poboación da necesidade de destinar a fins sociais o seu 0'7%. Un acto de solidariedade cidadá que permite financiar ás entidades de carácter social que traballan con programas e proxectos enfocados nas persoas en risco de exclusión que máis o precisan.

Grazas ao X Solidario, no 2022 máis de 140 organizacións de acción social de toda Galicia levaron a cabo 607 proxectos que beneficiaron de xeito directo a un mínimo de 182.904 persoas.