Evento
AXENDA | Portas Abertas abre a inscrición do curso de informática para adultos
A fenda dixital dificulta o acceso a servizos básicos, moito máis ás persoas adultas que non adoitan utilizar os medios dixitais. Co obxectivo de quebrar ista brecha e diminuír as dificultades, o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas organiza un curso de informática para adquirir competencias dixitais básicas aplicadas ó día a día.
Dirixido a persoas adultas, o curso abordará ensinanzas para aprender cuestións tan habituais como pedir citas médicas, na Seguridade Social, en Facenda, na ITV, no Servizo de Emprego Público ou en calquera outro organismo. Ademais, impartiranse nocións sobre o uso do móbil.
Xa está aberto o prazo para anotarse nun curso que se impartirá na sede de Verín do CDR Portas Abertas a partir de mediados de mes. A inscrición pódese realizar ata o vindeiro 13 de outubro a través do teléfono: 988 41 72 32.