jueves. 02.05.2024

Evento

AXENDA | Pleno infantil 2024 no Concello de Verín

5/4/24 a 5/4/24
10:30 a 12:30
Auditorio de Verín.
Pleno Infantil Verín 2023 (79) (FILEminimizer)
Pleno infantil do Concello de Verín no 2023.

Mañá celebrarase o Pleno infantil do Concello de Verín 2024 coa participación de 165 alumnos e alumnas de sexto de Primaria e primeiro da ESO pertencentes aos centros educativos da vila.

O Auditorio de Verín acollerá ao longo da mañá a sesión plenaria convocada polo Concello para coñecer as inquedanzas sobre a vida pública no municipio da veciñanza máis nova.

Alumnado dos centros educativos Amaro Refojo, María Inmaculada, Mercedarios e Princesa de España participarán nun Pleno Infantil que analizará a Axenda 2030 – Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

A sesión plenaria estará presidida por Diego Lourenzo, tenente de alcaldía e responsable da área de Recursos Humanos, e por Rosario Rodríguez, responsable da área de Benestar Social.