viernes. 03.05.2024

Evento

AXENDA | Festas na honra de San Salvador en Nocedo do Val

6/8/23
Nocedo do Val.
festas nocedo do val 6 agosto

A parroquia de Nocedo do Val, no municipio de Castrelo do Val, celebra a súa festa patronal na honra do San Salvador o vindeiro domingo, 6 de agosto.

Unha xornada que comezará ás 10:00 horas co pasarrúas da Fuego Street Band e continuará coa misa solemne e procesión. Xa pola tarde, festa da escuma e actuación de Candaira para seguir coa troula ata a verbena amenizada polo grupo Xoldra.