Evento
AXENDA | O CIM de Viana organiza o obradoiro "As herbas das mulleres"
O Centro de Información á Muller de Viana do Bolo continúa coas actividades programadas para conmemorar o Día Internacional da Muller, unha programación que, este ano, inclúe actividades ao longo do mes de abril.
O obradoiro "As herbas das mulleres" pretende render unha homenaxe á ancestral sabedoría das mulleres na utilización de herbas medicinais. Levarase a cabo unha revisión da medicina tradicional cunha perspectiva de xénero; as bruxas coma médicas, as parteiras coma matronas e as curandeiras coma fisoterapeutas dunha época pasada.
Ao longo do obradoiro, realizaranse saídas ao campo para coñecer e recoller as herbas medicinais e levar á práctica a elaboración de remedios naturais. Cun límite de 25 prazas por grupo, serán adxudicadas por orde de inscrición, que deberá formalizarse no CIM Viana do Bolo antes do 22 de marzo.
A actividade terá dúas edicións en dúas sedes:
- Mourisca: do 3 ao 17 de abril, dende as 16:00h. ás 18:00h.
- Penouta: do 9 ao 23 de abril, dende as 16:00h. ás 18:00h.