lunes. 20.07.2026

Evento

AXENDA | Obradoiro de elaboración de comadres, compadres e "intrudio" na Gudiña

9/2/25
16:30
Casa da Viúva, A Gudiña
2024 Obradoiro elaboración comadres, compadres, entrudio A Gudiña_Os Torguerios
O ano pasado participaron máis dunha vintena de persoas. | FOTO: Os Torgueiros.

A asociación cultural "Os Torgueiros" volve organizar unha xornada para elaborar as figuras tradicionais do Entroido da Gudiña. Un obradoiro no que se crearán as comadres, os compadres e o "intrudio" de xeito artesá.

Con esta actividade, na que colabora o Concello da Gudiña, búscase recuperar unha tradición que case esmorece, pero que xa o ano pasado reviviu coa participación de máis dunha vintena de persoas.

O obradoiro celebrarase o vindeiro domingo, día 9 de febreiro, a partir das 16:30 horas, e será o punto de partida do Entroido da Gudiña. A Casa da Viúva acollerá unha actividade que rematará cunha merenda para todos os participantes.

A inscrición poderase facer ata o xoves, 6 de febreiro; será gratuíta para socios e socias de "Os Torgueiros" e terá un custe de 3 euros para persoas non socias. O prezo inclúe os materiais para a elaboración das figuras e, tamén, a merenda.

20240209 obradoiro entroido a gudiña_cartel

Comentarios