domingo. 28.04.2024

Evento

AXENDA | Antonio Piñero rompe os paradigmas dos Libros do Novo Testamento

8/6/23
19:30
Salón de actos da Casa da Cultura de Verín.
Antonio Piñero libros del nuevo testamento
Antonio Piñero libros del nuevo testamento

O vindeiro xoves, 8 de xuño, ás 19:30 a Biblioteca Pública de Verín organiza unha conferencia que contará coa presenza do filólogo, historiador, académico e escritor español especializado na vida de Jesús de Nazaret, Antonio Piñero. Terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura de Verín.

O autor presentará a súa obra "Los libros del Nuevo Testamento, Traducción y comentario", unha nova e rompedora edición dos libros do Testamento que afonda nun cambio total de paradigma. Cambio que será analizado nunha conferencia presentada polo Doutor en Teoloxía e Antropoloxía, Manuel Mandianes.

Unha edición do Novo Testamento histórica, realizada con criterios académicos non confesionais, sen ningunha tendencia relixiosa previa. O obxectivo é contemplar os libros do Novo Testamento con novos ollos. Os autores tentan respostar a preguntas continuamente formuladas: Que hai de verdade histórica nos Evanxelios? Que de ficción?

Antonio Piñero, nado en Chipiona, Cádiz, no 1941, é catedrático de Filoloxía Grega da Universidad Complutense de Madrid, especializado en lingua e literatura do cristianismo primitivo. É autor de numerosas obras sobre cristianismo e xudaísmo.