lunes. 20.05.2024

Evento

AXENDA | Noite de medo en Albarellos

31/10/23
21:00
Campo da festa, Albarellos de Monterrei.
2023 10 31 samaín albarellos

Albarellos volverá sorprender un ano máis coa súa "Noite de Medo" para celebrar o Samaín. A organización promete sorpresas nista edición cun novo percorrido que "será máis curto, pero máis terrorífico".

Para todas as persoas intrépidas que non queran perder a troula, a zona de quedada será o campo da festa de Albarellos a partir das 21:00 horas do vindeiro 31 de outubro.

Disfraces, chuches e moitos sustos nun evento que mellora con cada edición.