jueves. 02.05.2024

Evento

AXENDA | 'Música nas parroquias', concerto na igrexa de Ábedes

9/3/24
18:00
Igrexa de Santa María, Ábedes, Verín
20231119 Banda Música Verín - Música nas parroquias, Pazos
Concerto da Banda de Música en Pazos, no pasado novembro.

O ciclo de concertos "Música nas parroquias" chega á igrexa de Santa María de Ábedes cun recital que conmemorará o Día Internacional da Muller.

É o segundo dos concertos dentro dun programa que naceu co obxectivo de ofrecer música en directo nas igrexas máis emblemáticas de Verín. A Banda de Música actuará o vindeiro sábado 9 de marzo, ás 18:00 horas

Un proxecto que puña en marcha José Luis Tielas o pasado ano, logo de coller a batuta da Banda de Música.

Coa ilusión de recuperar o seu antigo esplendor, a Banda ofrecía o seu primeiro concerto en novembro na igrexa de Pazos. Actuación que tivo unha grande acollida, cun público que encheu a parroquia.

Comentarios