lunes. 29.04.2024

Evento

AXENDA | A Mezquita, próxima parada do autobús dos "Coidados porta a porta"

11/10/23 a 17/10/23
Praza do Concello, A Mezquita.
Unidade móbil do programa "Coidados porta a porta".
Unidade móbil do programa "Coidados porta a porta".

A partir do vindeiro mércores, 11 de outubro, a unidade móbil do programa "Coidados porta a porta" estará na Mezquita para ofrecer servicios sociosanitarios á veciñanza ata o martes, 17 de outubro. O xoves, día 12, non haberá consultas por ser festivo.

Ubicarase na Praza do Concello, cun horario continuo de 9:00 a 20:00 horas, para facer consultas asistenciais. Servizos de carácter gratuíto co obxectivo de que as persoas que viven no rural podan permanecer atendidas na súa contorna, sen necesidade de desprazarse.

Creado co obxectivo de previr a dependencia, o programa ofrece o servizo de asistencia sanitaria con consultas de audioloxía, estimulación da memoria e podoloxía a persoas maiores de 55 anos.

É necesario solicitar cita previa para acceder ás cosultas. Pódese pedir nos teléfonos 622 748 283 - 623 546 992 ou a través do correo electrónico: [email protected].