viernes. 03.05.2024

Evento

AXENDA | Castañas, brasas e foliada no magosto de Laza

4/11/23
21:30
Praza da Picota, Laza.
2023 11 4 novembro, magosto laza

A Praza da Picota será o escenario para o magosto popular organizado pola asociación "enLAZAdos" mailo Concello de Laza que celebrarán o vindeiro 4 de novembro, sábado, a partir das 21:30 horas.

Chourizo e panceta á brasa mais as castañas e o biscoito comporán un menú para celebrar un festexo no que é necesario reservar praza antes do 29 de outubro. Os tíckets estarán á venda nos bares de Laza.

Logo da cea haberá unha foliada na que participarán os grupos Silveiras do Támega, Dalle que Libra e Kuartetas para amenizar un festexo popular que se trasladará ó Pavillón de Deportes no caso de que o tempo non acompañe.