sábado. 27.07.2024

Evento

AXENDA | 'Made in Galiza', de Sarabela Teatro, chega a Verín

18/5/24
20:30
Auditorio de Verín.
Made-in-Galiza_279-sarabela
Made in Galiza. | FOTO: Sarabela Teatro.

Sarabela Teatro chega a Verín coa obra de Sechu Sende; unha peza que abre as portas ao humor reflexivo, á poética ao alcance de todo o mundo, a través dun texto que move e conmove. O teatro feito emoción, sentimento, plasticidade, e confronto. Cada historia  é diferente e está protagonizada por personaxes retranqueiros, combativos, tenros, cómicos e poéticos. Aguerrida defensa da lingua galega.

No marco da Semana das Letras Galegas, organizada polo Concello de Verín, o Auditorio da vila será o escenario no que se poderá ver Made in Galiza o vindeiro sábado, día 18, ás 20:30 horas. Entradas dispoñibles en ataquilla.com

Sinopse

Como quen se deixa roubar o seu tesouro máis prezado, a actitude das galegas e dos galegos respecto á súa lingua non “resistiría” ningunha análise. E será que o galego é a lingua máis difícil do mundo? E será que deberemos constituír unha oficina de palabras perdidas? Palabras perdidas, roubadas… Fronte ao "es que no me sale", "es que no se me da", Made in Galiza é un convite á República Independente da nosa lingua. Non imos perdela nin en soños!

Comentarios